Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas”

AUTOR: Calros Solla

PVP: 20 €

Neste novo libro verbo do Seixo (Pontevedra), un dos montes sagrados da prehistoria galega, reedítanse materiais xa traballados en Almanaque de encantos (2005) e Reivindicación da Montaña Máxica (2007), acompañados doutras novas descubertas (textos, debuxos, fotografías…). Todo isto enxalzado coa achega da color e a coidadísima maquetación enxeñada no obradoiro Trisquelia de Pontevedra. Os debuxos da “fauna mítica” son obra dos ilustradores Joao Bieites, Mónica García e Paco Sutil.

Para a presente edición, engádese un mapa cos oito roteiros deseñados para a “Montaña Máxica” e as súas trinta estacións míticas, útil complemento para os centos de confrades do monte do Seixo: para aqueles que xa experimentaron o engado do seu prodixioso patrimonio material e inmaterial e para esoutros centos que fican pendentes de ascender ao privilexiado escenario, transformado en 2000 nun arrepiante parque eólico.

O libro pódese adquirir remitindo as vosas peticións aos seguintes correos electrónicos:

ratorabisaco@yahoo.es

serpebichoca@yahoo.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: