Archive for the 03. OFERTA EDITORIAL Category

LIBRARÍA BICHOCA

Posted in 03. OFERTA EDITORIAL on Novembro 17, 2010 by serpebichoca

PARA FACER OS SEU PEDIDOS CONTACTE CO ENDEREZO:

serpebichoca@yahoo.es

 

Libro DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO

PVP: 18 €

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza

PVP: 3 €

 

Libro MONTE DO SEIXO, O SANTUARIO PERDIDO DOS CELTAS

PVP: 20 €

 

 

Documental MONTE DO SEIXO. A MONTAÑA MÁXICA

PVP: 10 €

 

MAPA MÍTICO DO MONTE DO SEIXO (autor: João Bieites)

PVP: 15 € en formato A3 ou  25 € en formato A2

 

Advertisements

DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica

Posted in 03. OFERTA EDITORIAL on Novembro 17, 2010 by serpebichoca

PVP: 18 €

Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo de Rafael Quintía é un intento de interpretar e dotar dunha coherencia e cohesión todo o enxoval mítico, simbólico e relixioso que atesoura este monte, así como de encadralo nun contexto histórico-cultural concordante co substrato simbólico atopado nesta montaña, isto é, a cultura céltica do Atlántico europeo. Contémplase o libro, pois, como unha guía para coñece-lo significado que se agocha tras cada lenda e cada pedra do Monte do Seixo.

Con esta obra complétase a triloxía adicada a esta importante e descoñecida montaña sagrada da nosa xeografía galega (véxanse as obras: Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica e Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas, do compañeiro Calros Solla) e dáse por finalizado o traballo que o G.E.E. Serpe Bichoca realizou no proxecto de investigación e divulgación da Montaña Máxica.

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza

Posted in 03. OFERTA EDITORIAL on Novembro 17, 2010 by serpebichoca

PVP: 3 €

Edita: Serpe Bichoca

O documental “MONTE DO SEIXO. A Montaña Máxica”

Posted in 03. OFERTA EDITORIAL on Novembro 17, 2010 by serpebichoca

PVP: 10 €

FICHA ARTÍSTICA:

DIRECCIÓN: João Bieites, Rafael Quintía e Calros Solla

GUIONISTA: Calros Solla

PRODUCIÓN: Grupo de Estudos Etnográficos SERPE BICHOCA

.

FICHA TÉCNICA:

PRODUTORA: Grupo de Estudos Etnográficos SERPE BICHOCA

SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha

TÍTULO ORIXINAL: “MONTE DO SEIXO. A Montaña Máxica”

TIPO: Documental

XÉNERO: Etnográfico e social

.

Produción propia realizada a cor

ANO: 2009

DURACIÓN: 125 minutos aprox.

ORIXE: Galiza

IDIOMA V. O.: Galego

..
Ligazón:

.
http://www.culturagalega.org/avg/produccion.php?Cod_prdccn=10348&busca=Monte%20do%20Seixo.%20A%20monta%F1a%20m%E1xica

Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas”

Posted in 03. OFERTA EDITORIAL on Novembro 17, 2010 by serpebichoca

AUTOR: Calros Solla

PVP: 20 €

Neste novo libro verbo do Seixo (Pontevedra), un dos montes sagrados da prehistoria galega, reedítanse materiais xa traballados en Almanaque de encantos (2005) e Reivindicación da Montaña Máxica (2007), acompañados doutras novas descubertas (textos, debuxos, fotografías…). Todo isto enxalzado coa achega da color e a coidadísima maquetación enxeñada no obradoiro Trisquelia de Pontevedra. Os debuxos da “fauna mítica” son obra dos ilustradores Joao Bieites, Mónica García e Paco Sutil.

Para a presente edición, engádese un mapa cos oito roteiros deseñados para a “Montaña Máxica” e as súas trinta estacións míticas, útil complemento para os centos de confrades do monte do Seixo: para aqueles que xa experimentaron o engado do seu prodixioso patrimonio material e inmaterial e para esoutros centos que fican pendentes de ascender ao privilexiado escenario, transformado en 2000 nun arrepiante parque eólico.

O libro pódese adquirir remitindo as vosas peticións aos seguintes correos electrónicos:

ratorabisaco@yahoo.es

serpebichoca@yahoo.es