Archive for the 05. CHARLAS, CONFERENCIAS E PRESENTACIÓNS Category

PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL “MONTE DO SEIXO. A MONTAÑA MÁXICA” NO CLUB DE MONTAÑEIROS DE PONTEVEDRA

Posted in 05. CHARLAS, CONFERENCIAS E PRESENTACIÓNS, 06. NOVAS on Marzo 25, 2011 by serpebichoca

Hoxe, venres 25 ás 20.30h, proxectarase no Club de Montañeiros de Pontevedra o documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”. Participarán na presentación Rafael Quintía e Joaõ Bieites.

Advertisements

PRESENTACIÓN NA CORUÑA DO LIBRO “DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO”

Posted in 05. CHARLAS, CONFERENCIAS E PRESENTACIÓNS, 06. NOVAS on Marzo 17, 2011 by serpebichoca

PRESENTACIÓN DO ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS,

Posted in 05. CHARLAS, CONFERENCIAS E PRESENTACIÓNS on Novembro 17, 2010 by serpebichoca

VENRES 29/10/2010 ÁS 20:30 HORAS, o local da Asociación Cultural ALMUINHA, en Marín (rúa Ezequiel Massoni, 63), acolle a presentación do proxecto ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS, co preestreo do documental SETE CAMIÑOS, ENCRUCILLADA DO TEMPO que recolle boa parte dos elementos da paisaxe e do patrimonio histórico e cultural que se atopan nesta zona, como argumentos para reivindicar a súa conservación e posta en valor.

O documental, dirixido por Lukas Santiago e Rafael Quintía, foi realizado conxuntamente polo Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca, a produtora Faro de Ons e a inestimable colaboración da Comisión Técnica para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

XORNADAS AUDIOVISUAIS SOBRE PATRIMONIO

Posted in 05. CHARLAS, CONFERENCIAS E PRESENTACIÓNS on Novembro 17, 2010 by serpebichoca

VENRES 22/10/2010 ÁS 20:30 HORAS.Rafel Quintía e João Bieites, membros do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca, participarán nas xornadas audiovisuais que sobre patrimonio está a organiza-la asociación Almuinha de Marín. Proxectarase o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica e falarase da recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial e material do Monte do Seixo. Proxecto, este, no que leva traballando a Serpe Bichoca dende hai 4 anos.

PRESENTACIÓN DA REVISTA FOL DE VELENO

Posted in 05. CHARLAS, CONFERENCIAS E PRESENTACIÓNS on Novembro 17, 2010 by serpebichoca

VENRES 08/10/2010 ÁS 20h na Galería Sargadelos de Pontevedra o Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca presenta o primeiro número da revista “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”.

Fotografía do día da presentación de FOL DE VELENO
De esquerda a dereita: Carlos Solla, Pablo Novoa , Rafael Quintía e João Bieites

O investigador Pablo Novoa, invitado ó acto, xunto a Rafel Quintía, da Serpe Bichoca.

Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica” nas III Xornadas de Historia de Galiza

Posted in 05. CHARLAS, CONFERENCIAS E PRESENTACIÓNS on Novembro 17, 2010 by serpebichoca

Presentación do libro “MONTE do SEIXO. O santuario perdido dos celtas” en Catoira (sábado, 25 de abril de 2009, ás 20’30 h)

Posted in 05. CHARLAS, CONFERENCIAS E PRESENTACIÓNS on Novembro 17, 2010 by serpebichoca

Fotografía: O autor Calros Solla  acompañado por Fernando Salgado (esquerda) e Rafa Quintía (dereita).