PUBLÍCASE “DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica”

 

Hoxe 22 de decembro edítase o libro Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo. Unha proposta interpretativa en clave céltica (Autor: Rafael Quintía. Ed. Serpe Bichoca).

Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo é un  intento de interpretar e dotar dunha coherencia e cohesión todo o enxoval mítico, simbólico e relixioso que atesoura este monte, así como de encadralo nun contexto histórico-cultural concordante co substrato simbólico atopado nesta montaña, isto é, a cultura céltica do Atlántico europeo. Contémplase o libro, pois, como unha guía para coñece-lo significado que se agocha tras cada lenda e cada pedra do Monte do Seixo.

O libro é froito dos catro anos de investigación que, ó abeiro do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca, o autor levou a cabo ó redor do Monte do Seixo. Con esta obra complétase a triloxía adicada a esta importante e descoñecida montaña sagrada da nosa xeografía galega (véxanse as obras: Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica e Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas, do compañeiro Calros Solla) e dáse por finalizado o traballo que o G.E.E. Serpe Bichoca realizou no proxecto de investigación e divulgación da Montaña Máxica.

Se algún de vós está interesado en adquirilo pode facelo a través deste blog ou no email: serpebichoca@yahoo.es . Lembrade que, como ocorre con tódolos traballos da Serpe Bichoca, os ingresos da súa venda irán destinados a novos proxectos de investigación

Unha resposta to “PUBLÍCASE “DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica””

Deixar un comentario